sábado, 19 de mayo de 2012

Presentación da sidra ecolóxica ‘Ribela’

O Ateneo de Pontevedra presenta a sidra ecolóxica ‘Ribela’, elaborada con variedades de mazá autóctona galega de cultivo ecolóxico na comarca da Estrada, nun acto que leva por título: O rexurdir da bebida da Galicia histórica. A sidra. O acto terá lugar o vindeiro vernes 25 de maio, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás. Intervirán Anselmo López Carreira (profesor de Historia Medieval), Xesús Constela (escritor) e Jesús Armenteros (sidricultor). A presentación estará amenizada polo gaiteiro Novegil, que interpretará tres alalás da tradición musical galega. “O rexurdir da bebida da Galicia histórica. A sidra” Día: venres, 25 de maio de 2012 Hora: 20:00 Lugar: Salón de Actos da Casa das Campás (rúa de Don Filiberto, 9-11)